A Xunta vén de investir 1.176.800 euros nos tres obradoiros de emprego compartidos por Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga en 2020, que en conxunto ofrecen formación e emprego remunerado a 56 traballadores desempregados.
A iniciativa dos tres concellos da comarca de Quiroga unidos por proxectos comúns permite optimizar os recursos públicos. A Xunta apoia este tipo de solicitudes que favorecen aos municipios rurais, nos que resulta máis necesario xerar oportunidades de emprego que axuden a fixar poboación.
Por unha banda, o obradoiro dual Montañas do Courel está a formar dende decembro a 20 alumnos na especialidade de Operacións de formigón, cun orzamento de 346.946 euros e unha duración de nove meses.
En Quiroga, o alumnado traballará na ampliación do Museo Etnográfico; en Ribas de Sil construirán un cobertizo e mellorarán os accesos á praia fluvial e á zona recreativa de San Clodio. Pola súa banda, en Folgoso do Courel acondicionarán un miradoiro no alto do Boi, unha área de estacionamento de caravanas e una alvariza, entre outras tarefas.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Pantón será o promotor do obradoiro de emprego Ricra VIII, unha das 17
Taller de prototipado. Sacra Experience, Pincelo Chantada
O Concello de Monforte, informou da adxudicación da obra de construción do novo aparcadoiro no Polígono
Wedway, operador ferroviario do grupo MSC, comeza a operar, xerando emprego para cinco operarios locais A
A industria pesqueira galega expándese con éxito en feiras internacionais As empresas galegas do sector pesqueiro