Acondicionamento do firme e actuacións en emerxencias, eixos do plan de conservación das estradas da Deputación

•Os labores de retirada da neve no inverno e de mellora do firme o resto do ano están encargadas á empresa Rafer para os concellos integrados na zona 8 do sur lucense

Os equipos da empresa Rafer ocupáronse da limpeza dos viais nos 738 quilómetros integrados na denominada zona 8 durante as últimas nevaradas que afectaron á provincia. (Foto: RAFER).

A conservación da rede de estradas da Deputación está dividida en varias zonas, para unha xestión máis eficiente das incidencias. No sur de Lugo, intégranse na zona 8 os viais que transcorren polos municipos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo. Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Rafer, por un importe de 1.367.642,43 euros, cunha duración de 48 meses.

Ata o cese dos fenómenos meteorolóxicos adversos, os profesionais das empresas encargadas do mantemento e limpeza de estradas non baixan a garda, para favorecer a máxima seguridade nos viais provinciais. (Foto: RAFER).


O equipo de profesionais da empresa Rafer dispón dun completo dispositivo mecánico para atender todo tipo de incidencias nas estradas provinciais, entre os que se atopan vehículos pick-up con saleiro e cuchilla, camión dumper 6×6 tamén dotado con saleiro e cuchilla para a retirada de neve e xeo, e outro tipo de dispositivos, como pala mixta, retroescavadora e motoniveladora. Os vehículos destinados a accións de retirada de neve e xeo recollen o subministro de sal nos 12 silos que a Deputación ten distribuídos pola provincia, con máis de 420 toneladas de sal.
As funcións que desenvolve a empresa Rafer nos concellos da zona 8 abrangue dende as tarefas de limpeza de viais por incidencias meteorolóxicas, como neve, xeo, bolsas de auga ou caída de árbores polo vento, ata labores de reparación de fochancas, instalacións de pasos de seguridade e aplicación de aglomerado en quente. •

Vehículos de grande e mediano formato empréganse con palas quitaneves para poder liberar de neve todo tipo de pistas. (Foto: RAFER).

LIMPEZA VIARIA PARA EVITAR OBSTÁCULOS NA CONDUCIÓN

Estrada con vexetación acumulada nas marxes tras fortes ventos. (Foto: RAFER).

Os traballos que realiza a empresa Rafer, concesionaria do plan de conservación da rede viaria da Deputación na zona 8, inclúe labores puntuais de emerxencia durante todo o ano.
As incidencias e emerxencias máis habituais son limpeza de verquidos de gasoil e aceites, e limpeza de restos de accidentes. Tamén son moi frecuentes os desprendementos de terra ou rochas do talude de desmonte, derrubamento de plataforma, debido a situacións meteorolóxicas adversas que se produzan en calquer momento do ano. Así mesmo, o operativo de Rafer asume a limpeza de canos e embocaduras para mellorar a drenaxe e evitar embolsamentos de auga no firme. Por último, entre as funcións está tamén a retirada de árbores, pedras e animais mortos por accidentes.•

Maquinaria en acción para abrir cunetas. (Foto: RAFER).

ACONDICIONAMENTO DO FIRME E ARRANXO DE FOCHANCAS

Traballos de compactación do novo firme nas estradas provinciais. (Foto: RAFER)

No contrato da concesionaria, están incluídos traballos de arranxo de blandóns e fochancas, ademais do mantemento integral do firme mediante a aplicación de aglomerado en quente e a intervención en puntos que presenten deterioro e risco para a seguridade na condución. •

Aplicación de aglomerado en quente (Foto: RAFER).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os novos achados da escavación de Proendos converten a Sober nun emprazamento único na investigación sobre a Gallaecia romana

Seguinte Nova

A Xunta completou os traballos de renovación do firme no corredor de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: