
Do 3 ao 15 de xaneiro, o piloto monfortino Eduardo Iglesias participou no Rally Dakar en terras de Arabia Saudita. Nesta proba, a máis famosa do mundo no eido dos rallys, tivo a Iglesias como único motorista galego en competición, o que supuxo unha boa ocasión para divulgar a imaxe de Monforte de Lemos e de Galicia neste escaparate internacional que é o Dakar.
NO POSTO 53
Antes de partir para Arabia Saudita, Iglesias foi recibido no Concello de Monforte polo alcalde, José Tomé. Na despedida ao piloto, o rexedor desexoulle «a maior das sortes e todo o apoio e a forza» en nome de todos os monfortinos.
Eduardo Iglesias rematou o Rally Dakar no posto 53, cunha marca de 29 horas e 33 minutos.•