A Biblioteca Municipal de Sarria abre o ano cunha nova organización de espazos. A finais de ano, quedaba completado o proxecto de ampliación deste espazo cultural sarriao, financiado cunha achega de 24.000 euros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
NOVA SALA DE ESTUDO
Como resultado desta intervención, a Biblioteca dispón dunha nova sala de estudo separada da zona de lectura, e que se sitúa na planta semi-soto, ata agora infrautilizada. O traslado deste espazo supuxo a liberación da planta principal, que se viña empregando como zona mixta, para destinala exclusivamente a lectura e almacenamento do fondo bibliográfico. Ambas plantas están comunicadas cunha escaleira interna, que permite o funcionamento independente dos espazos sen impedir o fluxo de usuarios entre as dúas dependencias.•