A obra “Teatro e mulleres”, do grupo amador Teatreiras de Monforte, xa se pode ver en YouTube. A difusión contou coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación, que puxo en marcha esta iniciativa audiovisual para dar visibilidade en redes ao traballo dos grupos que participaron no circuíto de teatro afeccionado cando xurdiu a pandemia. A obra posta en escea por Teatreiras, con guión e dirección de Paqui Abeledo, ronda xa o medio milleiro de visualizacións.
Dende a Vicepresidencia, a súa titular, Maite Ferreiro, apuntou que esta iniciativa busca “animar aos grupos de teatro afeccionado a seguir coa súa actividade a pesar da situación sanitaria”, ao tempo que “xerar traballo para autónomos e pequenas empresas do audiovisual”.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O grupo de pop-punk La La Love You chegará a Monforte o venres 16 de agosto
A XXIV Mostra de Artesanía Artelemos, inaugurada o pasado luns 5 de agosto polo Alcalde José
O Pazo de Tor foi o escenario da presentación do catálogo da exposición «Historia do Futuro»
O pasado 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón celebrou o Orgullo Guímaro. A
A parroquia de Ferreiros acolleu a pasada fin de semana a segunda edición do festival Brindadeira.Brindadeira