A Xunta mantén este ano o importe dos convenios coas Federacións Deportivas, a pesar do descenso da actividade

Xosé Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, anunciou que a Xunta manterá os 4,4 millóns de euros en convenios coas Federacións Deportivas en 2021. GPXG

A finais de xaneiro, quedaban aprobados os importes dos convenios que a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, asinará coas 57 Federacións Deportivas que xa os teñen autorizados, máis a Federación Galega de Automobilismo e a Federación Galega de Deportes Autóctonos, que inclúe chave e billarda, que se vai constituír en breve. Sumando a contía do convenio coa Federación Galega de Piragüismo para o mantemento do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal en Verducido, a Secretaría Xeral para o Deporte destina este ano un total de 4.392.684 euros, o mesmo importe que o destinado en 2020 e que supuxo un aumento do 2% con respecto a 2019.
Estes fondos distribúense segundo criterios obxectivos, como o número de licencias totais, femininas e de deportistas con discapacidade; o número de clubs participantes en competicións oficiais, campionatos de España e internacionais, os deportistas en seleccións deportivas, ou deportistas galegos de alto nivel, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) disporán de preto de 23 millóns de euros nos vindeiros tres anos

Seguinte Nova

178 deportistas lucenses beneficiáronse das axudas da Área de Deportes da Deputación

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss