Adif vén de licitar por importe aproximado de 52 millóns de euros un total de cinco contratos para melloras no treito Ourense- Monforte de Lemos- Lugo, co fin de adaptar esta liña aos parámetros de altas prestacións.
DETALLE DAS OBRAS LICITADAS
Segundo informaron dende a Subdelegación do Goberno en Lugo, catro destes contratos refírense ao tratamento de elementos da infraestrutura, en concreto a mellora de 36 pontes, sete túneles, 42 trincheiras e varias obras de drenaxe e desmontes. O contrato restante implica a ampliación de gálibos en pasos superiores deste percorrido, agás na variente da Pobra de San Xiao por ser de nova construción.•