
A comezos de febreiro, publicouse no Diario Oficial de Galicia o calendario polo que se rexirá a prática da pesca fluvial en Galicia. O periodo comprenderá dende o 21 de marzo ata o 31 de xullo, con especificacións respecto a determinadas especies.
PERIODOS PARA O SALMÓN E O REO
Así, a pesca do salmón arrancará o 1 de maio ata o 31 de xullo, aínda que este límite temporal poderá adiantarse segundo as cotas de captura. En canto á pesca do reo, comezará o 1 de maio e durará ata o 31 de xullo. Este periodo prolongarase en determinados coutos ata o mes de setembro.
CALENDARIO DA TROITA
No caso da troita, o periodo corresponderá ás datas xerais, é dicir, do 21 de marzo ao 31 de xullo, agás nos coutos conveniados, xa que nestes prolongarase ata o 30 de setembro para a pesca sen morte.•