
A Xunta levou a cabo un cribado con 6.500 probas para detectar casos positivos de coronavirus entre persoas asintomáticas en Monforte, Sarria e Quiroga.
En Monforte, o Concello colaborou instalando unha carpa no aparcamento situado entre o campo de fútbol e o pavillón de A Pinguela, cos correspondentes medios técnicos e humanos. Nesta dotación, o Consistorio monfortino investiu máis de 3.000 euros. Na cidade do Cabe, o Sergas realizou 4.500 probas, que foron 1.500 en Sarria e 500 en Quiroga, para a poboación de entre 20 e 60 anos. •