O impulso dos parques empresariais dos pequenos concellos foi un dos temas tratados na visita que o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, realizou ao municipio de Bóveda.
ACHEGAS PARA A MELLORA DOS PARQUES EMPRESARIAIS
A comezos de febreiro, Conde reuniuse co alcalde deste concello, José Manuel Arias, para falar das diferentes liñas de axudas que poden ser de interese para fomentar o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais nesta zona. Por unha banda, a Xunta ten en marcha programas de achegas para a mellora dos propios parques empresariais, infraestruturas imprescindibles para atraer inversores e xerar emprego e riqueza. O parque empresarial de Bóveda destaca polo bo ritmo de crecemento en canto ao número de empresas alí implantadas.
Por outra banda, o conselleiro de Economía e Empresa apuntou á creación de viveiros industriais como outra fórmula para estimular o tecido empresarial nas diversas comarcas de Galicia.