ACES-Sarria entregou os premios aos gañadores locais da Campaña de Nadal

• «Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti» foi o lema da campaña promovida pola Federación de Comercio e a Deputación, en colaboración cos CCU e CCA

Na imaxe, a clienta gañadora de 200 euros por comprar no establecemento sarriao Cris Abad. (Foto: ACES-SARRIA)

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria fixo entrega este mes dos tres premios que corresponderon a esta demarcación na campaña «Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti». A iniciativa foi posta en marcha pola Federación de Comercio de Lugo e a Deputación de Lugo, en colaboración coas asociacións de comerciantes locais.
A CAMPAÑA REPARTIU 10.000 EUROS EN TARXETAS PREPAGO SÓ NA PROVINCIA DE LUGO
Dende o 6 de decembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021, os consumidores que fixeron as súas compras nos comercios de proximidade das cidades e vilas lucenses puideron participar no sorteo de 10.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e 200 euros.
A Sarria correspondéronlle tres galardoados, que recibiron os premios da man de ACES-Sarria nos locais nos que fixeron a compra premiada. Mónica López recibiu a súa tarxeta de 300 euros en Cactus Rose, e Lidia Castro fíxose co seu premio de 300 euros no establecemento Los Sueños de Uxía. Por último, Elma Valcárcel acadou unha tarxeta prepago de 200 euros por comprar no establecemento Cris Abad. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novas medidas de uso dos espazos deportivos municipais en Monforte

Seguinte Nova

Éxito do Concurso de Disfraces en liña a través do Facebook do Concello de Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: