
A Xunta asinará coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia un convenio, dotado de 170.000 euros, para a creación de novos produtos turísticos en localizacións dos Camiños de Santiago e vinculados ao Xacobeo.
Así o anunciou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión mantida cos representantes deste colectivos a mediados de febreiro.
Na xuntanza, na que tamén estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o titular autonómico destacou «o importante papel» dos guías de turismo neste Xacobeo, «como unha das principais cartas de presentación do turismo galego».
Entre as medidas subvencionables, están a metade do custo de visitas guiadas a localidades xacobeas, un concurso de ideas en concellos con alternativas para os peregrinos, e a posta en marcha da ferramenta informática «Descubre os Camiños» con todas as actividades dos guías nos diversos municipios xacobeos.