
En febreiro, déronse a coñecer as novidades no financiamento que a Xunta achega para os Centros de Información da Muller (CIM). Nesta anualidade, medra a aportación do Executivo autonómico para custear os gastos laborais do persoal que traballa neste servizo. Deste xeito, as achegas para 2021 subvencionan as retribucións íntegras máis a cotización á Seguridade Social.
A nova medida deuna a coñecer ás responsables dos once Centros de Información á Muller da provincia de Lugo o delegado territorial, Javier Arias, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella. Na xuntanza, que tivo lugar de xeito telemático debido ás restricións da pandemia, as responsables dos CIM lucenses presentaron propostas e formularon as súas necesidades.
O encontro tamén serviu para evaluar o funcionamento do Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero que ten en marcha a Xunta de Galicia. •