As subvencións da Xunta para mellorar establecementos turísticos incrementan nun 133% o seu importe

• Este ano, os fondos ascenden a 3,5 millóns de euros • No pasado exercicio, beneficiáronse destas achegas un total de 80 negocios en toda Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta deu a coñecer as axudas deste ano durante a súa visita á casa rural «A avoa María», en Campo Lameiro, o pasado 13 de febreiro. GPXG

A aposta polo Xacobeo e o impulso económico e dinamizador das áreas rurais son algúns dos obxectivos da nova liña de achegas da Xunta para arranxar infraestruturas en establecementos turísticos. Segundo referiu o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a partida global suma 3,5 millóns de euros para este ano, un incremento do 133% respecto ao exercicio anterior.
Rueda aproveitou a visita ao establecemento rural «A avoa María», situado en Campo Lameiro, para lembrar que o ano pasado foron 80 os negocios deste tipo que se beneficiaron da liña de axudas para a mellora de establecementos turísticos.
O titular autonómico salientou que esta financiación permitirá aos beneficiarios «presentar unha oferta turística competitiva e de calidade, sobre todo neste Xacobeo». Con esta intención, o Executivo autonómico incrementou o máximo que pode recibir cada solicitante, ata acadar os 50.000 euros, fronte aos 35.000 de máximo aos que se podía acceder o ano pasado.·

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Conta atrás para o inicio da tempada de pesca fluvial en Galicia

Seguinte Nova

O Ateneo Casino de Monforte celebra o 25º aniversario do pasamento de Lois Pereiro cunha campaña «expansiva e aberta» en redes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss