
O Concello de Bóveda continúa a apostar pola dinamización económica e social do municipio, desta volta coa incorporación dun novo servizo. Dende este mes, a veciñanza de Bóveda dispón dun axente de emprego e desenvolvemento local, que atenderá de balde calquera cuestión relacionada co mercado laboral e as oportunidades de emprego.
XESTIÓN DE AXUDAS
Entre as funcións deste axente, está a xestión e implantación de axudas, subvencións e políticas activas de emprego relacionadas coa xeración de actividade empresarial e inserción laboral.
ASESORAMENTO E INTERMEDIACIÓN LABORAL
Por outra banda, o axente dá asesoramento, información e apoio para calquera tipo de trámite en materia de emprego e plans de negocio a emprendedores, empresas, autónomos e demandantes de emprego.
Así mesmo, ofrece un servizo de intermediación laboral, ao recibir ofertas das empresas e recoller os currículos dos demandantes para favorecer a posta en contacto entre ambas partes.
ATENCIÓN INDIVIDUAL
Por último, o axente de emprego axuda ás persoas que o soliciten ferramentas para redactar o seu currículum vitae, información sobre as ofertas de emprego e as necesidades actualizadas do mercado laboral, e técnicas de búsqueda activa de emprego.
ATENCIÓN EN HORARIO DE MAÑÁ CON CITA PREVIA POLA PANDEMIA
Dende o Concello de Bóveda información que o horario de atención ao público do axente de emprego é de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas. Os responsables municipais recomendaron que, debido á situación de restricións sanitarias pola pandemia, os veciños interesados teñen que solicitar cita previa no teléfono 982 42 60 06.•