Completado o arranxo de dous pasos na contorna do encoro en Carballedo

•As obras da Deputación resolveron filtracións de auga no aparcadoiro e na estrada, e unha pasarela peonil

José Tomé e Pilar García Porto supervisaron o resultado das obras nos Peares xunto a veciños de Carballedo, a mediados deste mes. GPDL

A Deputación vén de rematar os traballos de acondicionamento en varios puntos das estradas LU-P-1010 e LU-P-1001 en Carballedo. O presidente do organismo provincial, José Tomé, supervisou o resultado dunhas obras «con moita importancia social porque melloran a seguridade e a comodidade dos usuarios da rede viaria, e polo tanto melloran e achegan os servizos públicos». O investimento provincial foi de 32.400 euros.

DRENAXE PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS VIAIS
Na LU-P-1010 que conecta A Touza con Granxa, actuouse no quilómetro 2,7 por un problema de drenaxe de augas pluviais, para o que se reperfilaron as cunetas do aparcadoiro do pantalán dos Peares, e se recubriron con formigón. Os traballos completáronse coa canalización das augas e a renovación do firme neste punto.
O organismo provincial tamén arranxou a pasarela de acceso para garantir a seguridade dos usuarios.
Outra das actuacións centrouse na LU-P-1001 entre A Barrela e Os Peares por Castro, á altura do quilómetro 16. Os traballos consistiron na limpeza das cunetas e o posterior formigonado. Tomé valorou estas actuacións «porque unha rede de estradas en boas condicións é clave para a mellora do rural».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Teatro e intervencións artísticas todo o ano para celebrar o Día de Rosalía polos concellos lucenses

Seguinte Nova

Gundivós converterase nun dinamizador cultural e artístico co proxecto do escultor e pintor soberino Modesto Trigo

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss