Gundivós converterase nun dinamizador cultural e artístico co proxecto do escultor e pintor soberino Modesto Trigo

Cadro que representa un autorretrato do pintor soberino Modesto Trigo. GPCS

O artista e escultor soberino Modesto Trigo está a preparar na súa parroquia natal, Gundivós, o que será o Museo dos Oficios Perdidos, ademais de crear un espazo no que recoller a parte da súa obra e da de outros artistas.
Segundo explicaron dende o Concello de Sober, a idea de Modesto Trigo inclúe dar memoria dos oficios tradicionais que se están a perder, como o do canteiro. De feito, os cadros que vistan o espazo expositivo versarán sobre a tradicións histórica destes oficios, co obxectivo de darlles permanencia e animar á mocidade a retomar ditas técnicas.

CONCEPTO DE “ALDEA GLOBAL”
Xunto ao espazo museístico, Trigo proxecta un taller para traballar durante as tempadas nas que resida en Sober, ao tempo que amosa a obra propia inspirada no rural e na Ribeira Sacra. “Trátase de poder pintar aí e traballar no concepto de aldea global desde o lugar no que nacín, como resonancia de Gundivós e de Sober”, afirmou.
Modesto Trigo, nacido enGundivós e residente en Madrid, expuxo a súa obra por todo o mundo. Agora prepara mostra “Arte y Ciencia” para o Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Completado o arranxo de dous pasos na contorna do encoro en Carballedo

Seguinte Nova

A axenda cultural da Vicepresidencia da Deputación pechou 2020 con 280 actividades ao longo da provincia

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss