Novas medidas de uso dos espazos deportivos municipais en Monforte

Imaxe de arquivo do estadio municipal de fútbol Luís Bodegas de Monforte. (Arquivo EC)

O Concello de Monforte vén de informar sobre as novas restricións no uso das instalacións deportivas municipais, logo de que a Xunta publicara as medidas sanitarias de reapertura de espazos, o pasado 16 de febreiro. Ademais, cada instalación está provista dun cartel informativo coas indicacións oficiais actualizadas.
Segundo estas medidas, xa están dispoñibles varias instalacións deportivas na cidade do Cabe, con limitacións específicas para o seu uso. O campo Luís Bodegas e os pavillóns de A Pinguela e dos institutos só poderán ser empregados polos clubes deportivos para a súa actividade federada, igual que a Piscina Municipal e o ximnasio. No caso das pistas de atletismo Saleta Fernández López, están abertas para a prática federada e non federada. Este espazo abre de luns a venres de 8 a 21:45 horas, os sábados de 10 a 14 e de 18 a 21:45 horas, e os domingos de 10:30 a 14:30 horas. Os deportistas non federados terán que practicar de xeito individual ou con convivintes, e con máscara. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Colaboración da Xunta para o desenvolvemento das actividades da Federación Galega de Espeleoloxía

Seguinte Nova

ACES-Sarria entregou os premios aos gañadores locais da Campaña de Nadal

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: