O Ateneo Casino de Monforte celebra o 25º aniversario do pasamento de Lois Pereiro cunha campaña «expansiva e aberta» en redes

Portada dun dos vídeos da homenaxe que o Ateneo Casino de Monforte desenvolve este ano nas súas redes para homenaxear a obra do poeta monfortino Lois Pereiro. (Foto: RRSS Ateneo Casino)

Este ano conmemóranse os 25 anos do falecemento do poeta monfortino Lois Pereiro. Para homenaxear a súa obra, o Ateneo Casino de Monforte vén de poñer en marcha unha campaña «expansiva» en redes sociais, que estará activa ata o 21 de marzo, Día da Poesía.
A iniciativa arrancou o 16 de febreiro, día do nacemento de Pereiro, con lecturas on line de poemas do creador monfortino a cargo de diversas personalidades da cultura galega. Os versos de Lois Pereiro puidéronse escoitar en boca de escritores como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas, ademais de representantes do mundo audiovisual, como os actores Miguel de Lira e Martiño Rivas, e o director Alfonso Zarauza, ou do eido xornalístico, como Antón Losada. Os recitados acompañáronse con imaxes do cineasta Manuel Valcárcel.
Ata o 21 de marzo, todas as persoas que queiran sumarse a esta homenaxe a Lois Pereiro poden subir o seu vídeo ao cancelo #LP25anos.
María Loreto G.Cabanas, presidenta do Ateneo Casino, destacou que «a reivindicación da figura de Lois é fundamental na programación deste ano», xunto á Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As subvencións da Xunta para mellorar establecementos turísticos incrementan nun 133% o seu importe

Seguinte Nova

Adiantan ao 19 de marzo o arranque da tempada das rutas de catamarán pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

 
A %d blogueros les gusta esto: