
Monforte amosa ata o 5 de abril a exposición «Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío», cedida pola Rede de Xuderías de España e elaborada pola Biblioteca Nacional de Israel.
A exposición ofrece sete paneis explicativos con 24 fotografías, nas que se reflexiona sobre as diferentes motivacións do ser humano para emprender unha viaxe. A mostra incide nas situacións que levaron ao pobo xudeu a asumir a mobilidade por diversos lugares do Mediterráneo, Europa e o resto do mundo.
As persoas interesadas en visitar esta exposición poden achegarse á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte os días laborais, entre as dez e a unha e media polas mañás, e dende as catro ata as nove polas tardes, respectando as normas hixiénico-sanitarias.•