A exposición «Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío», na Casa da Cultura de Monforte ata abril

Inauguración da mostra «Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío», na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, o pasado 9 de marzo. GPCM

Monforte amosa ata o 5 de abril a exposición «Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío», cedida pola Rede de Xuderías de España e elaborada pola Biblioteca Nacional de Israel.
A exposición ofrece sete paneis explicativos con 24 fotografías, nas que se reflexiona sobre as diferentes motivacións do ser humano para emprender unha viaxe. A mostra incide nas situacións que levaron ao pobo xudeu a asumir a mobilidade por diversos lugares do Mediterráneo, Europa e o resto do mundo.
As persoas interesadas en visitar esta exposición poden achegarse á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte os días laborais, entre as dez e a unha e media polas mañás, e dende as catro ata as nove polas tardes, respectando as normas hixiénico-sanitarias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao acolle a primeira exposición individual do médico lucense Xesús Vázquez

Seguinte Nova

Monforte quedará libre de barreiras arquitectónicas en espazos públicos a finais de ano

A %d blogueros les gusta esto: