Arrancan as obras de mellora da estrada provincial entre Ferreira de Pantón e Escairón

A estrada LU-P-4102 comunica as capitalidades dos municipios de Pantón e O Saviñao. GPDL

As comunicacións entre a capitalidade de Pantón e a do veciño municipio de O Saviñao mellorarán logo de que queden rematadas as obras na estrada provincial LU-P-4102. Nestes traballos de mellora, a Deputación de Lugo inviste máis de 145.000 euros, para acondicionar un treito superior aos dous quilómetros.

LIMPEZA DE CUNETAS E AGLOMERADO EN QUENTE
Segundo informaron os responsables provinciais, os traballos xa en marcha suporán a mellora das condicións deste vial no tramo entre os puntos quilométricos 3,7 e 6,1. As obras arrancaron este mes coa limpeza das cunetas, tarefa imprescindible para evitar problemas coas augas pluviais e impedir o crecemento de vexetación nas marxes. A continuación, o proxecto inclúe a aplicación dunha capa de aglomerado en quente, para rematar co repintado da sinalización horizontal e a instalación de elementos verticais.
Dende o organismo provincial destacaron a importancia deste vial que dá acceso ao casco urbano de Ferreira de Pantón, e a servizos fundamentais como o centro de día, a gardería e o tanatorio municipais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia reciclou en 2020 unha media de 322 envases de vidro por minuto

Seguinte Nova

Sarria homenaxeou á súa poeta Xela Arias Castaño coa primeira exposición do Día das Letras Galegas 2021

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss