Financiación autonómica para revalorizar o patrimonio etnográfico de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompañou á directora xeral de Agader, Inés Santé, e ao delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na visita ao Muíño dos Fernández. GPXG

O Concello de Bóveda conta co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para poñer en valor o seu patrimonio rural. Desta volta, estase a rehabilitar o Muíño dos Fernández, un muíño de río situado no núcleo de Souto. O convenio que asinou en xaneiro o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, coa directora xeral de Agader, Inés Santé, suporá a aportación ao Consistorio de 40.000 euros por parte da entidade autonómica, con vixencia ata finais deste ano.
O valor etnográfico dos muíños de río reside non só na súa función produtiva para a elaboración de fariña, senón tamén na propia arquitectura singular e a súa mecánica de funcionamento. Os responsables autonómicos e municipais destacaron tamén o valor dos costumes e tradicións vinculadas a este tipo de enclaves, como integrantes do patrimonio inmaterial.

RECUPERACIÓN DO CAMIÑO DO SOUTO E DA PONTE DE BÓVEDA
Xunto a esta iniciativa, pero financiada ao abeiro das axudas Leader, a Consellería do Medio Rural cofinancia a través de Agader a rehabilitación do Camiño do Souto e da Ponte de Bóveda. Os 28.373 euros desta segunda achega económica permiten a roza deste camiño, así como os traballos de consolidación dos muros e pavimento, e a reparación da calzada.
En canto á Ponte de Bóveda, o proxecto inclúe a reparación da estrutura con vigas para asentala e consolidar tanto os arcos como a base. Tamén se vai instalar unha varanda de protección.
As achegas de Agader xestiónanse a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra- Courel.Ademais das actuais subvencións, Medio Rural activou en Bóveda axudas en exercicios anteriores, como os máis de 34.000 euros para acondicionar parte das instalacións da nave da feira de Rubián, habilitando un espazo específico para venda e presentación de produtos locais.

MÁIS VÍNCULO COA IDENTIDADE RURAL, E XERACIÓN DE RIQUEZA
O obxectivo destas achegas de Agader é mellorar a estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento do rural de Galicia, ademais de potenciar elementos da identidade colectiva que reforcen o recoñecemento e a vinculación dos veciños co territorio.
Este tipo de accións, segundo precisaron dende Agader, tamén axudan a xerar riqueza e emprego no rural, factores básicos para poder fixar poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria homenaxeou á súa poeta Xela Arias Castaño coa primeira exposición do Día das Letras Galegas 2021

Seguinte Nova

Reciclaxe, solidariedade e protección do medio ambiente únense nunha nova iniciativa na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: