O Albergue de Portomarín acollerá a Copa de España de piragüismo infantil en xuño

Visita a Portomarín da conselleira de Política Social, Fabiola García, cando se anunciou esta localidade como sede do Campionato de Piragüismo infantil. GPXG

A competición nacional de piragüismo terá sede lucense nas categorías inferiores. O Albergue da Xunta en Portomarín acollerá no mes de xuño a Copa de España na modalidade infantil, na que se espera unha participación de máis de 1.000 persoas de entre 12 e 14 anos.
No anuncio deste evento deportivo, a conselleira de Política Social, Fabiola García, amosou a súa satisfacción pola posta en valor deste complexo deportivo. «O Albergue Benigno Quiroga ten todas as comodidades para poñer en marcha un encontro destas características», apuntou. García tamén salientou que a Xunta vén de renovar o acordo polo que se cede o uso deste centro para os adestramentos dos xoves deportistas do Club Fluvial de Lugo na contorna do embalse de Belesar. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Incio proxecta ofrecer un programa de rutas de trail e todoterreos combinando natureza, deporte e cultura

Seguinte Nova

As subvencións para os proxectos dos GDR ábrense á recuperación de terras agrarias

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss