O Camiño de Inverno disporá de 34 prazas no futuro Albergue de Diomondi

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou a marcha dos traballos de recuperación da antiga residencia bispal de Diomondi para o seu uso como albergue de peregrinos no Camiño de Inverno, o pasado 6 de marzo. GPXG

A recuperación do patrimonio monumental e a súa rehabilitación funcional para novos usos é o obxectivo do proxecto que está a financiar a Xunta no Saviñao. O antigo palacio bispal de Diomondi, de época medieval, está a ser recuperado para o seu aproveitamento como albergue de peregrinos dentro do Camiño de Inverno. O futuro espazo de aloxamento ofrecerá 34 prazas, dúas delas adaptadas, no que será o primeiro albergue público desta ruta xacobea.
Nestas obras, a Xunta está a investir un millón de euros, como lembrou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na visita que realizou o día 6 de marzo a Diomondi. Rueda, que estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, lembrou a dobre utilidade desta obra, que permite conservar o patrimonio material, ao tempo que se dá un novo servizo aos visitantes que se achegan a través do Camiño de Inverno.
Os responsables autonómicos salientaron que o monumento conta coa declaración de Ben de Interese Cultural, e que o Camiño de Inverno está a ser unha das rutas xacobeas que máis medran en número de visitantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober acolleu a estrea mundial da peza «Cinco miniaturas machadianas» coa presenza do seu compositor, Juan Durán

Seguinte Nova

Galicia reciclou en 2020 unha media de 322 envases de vidro por minuto

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss