O Círculo Saviñao acolle a primeira exposición individual do médico lucense Xesús Vázquez

Inauguración da mostra «Mis abstractos», do médico e pintor lucense Xesús Vázquez, no Círculo Saviñao de Escairón. (Foto: CS).

Ata primeiros de abril está aberta no Círculo Saviñao a mostra pictórica «Mis abstractos», do médico lucense Xesús Vázquez. Esta é a primeira exposición individual que o autor amosa na sociedade cultural e recreativa de Escairón, aínda que xa participara en varias das colectivas asinadas baixo o título «Catro médicos pola Ribeira Sacra».
Vázquez está a desenvolver moi activamente a súa vocación artística dende 2007. O ano pasado participou na Mostra Internacional de Arte Contemporáneo de Barcelona, e nunha colectiva no Museo de Jalisco de México. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta licitará este ano a redacción do proxecto completo da futura autovía Sarria-Nadela

Seguinte Nova

A exposición «Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío», na Casa da Cultura de Monforte ata abril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: