O Concello do Incio está a deseñar novas alternativas de lecer e turismo para aproveitar o potencial natural do municipio e atraer visitantes.
VEHÍCULOS SEN ASFALTO E DEPORTE NA NATUREZA
A comezos deste mes, o alcalde, Héctor Corujo, mantivo unha reunión cos responsables da empresa Greloland, para valorar a posible implantación de rutas de trail, moto-turismos e todoterreos fóra do asfalto. As rutas primarían os valores de conservación e desfrute da natureza, así como a potenciación da cultura ou a gastronomía.
No deseño destes itinerarios teríanse en conta puntos de interese como as Rutas do Ferro, do Mamut e a dos Castros, así como a igrexa de Hospital ou a da Cruz do Incio. •