A nova edición do Lugo Termal permitirá que cada beneficiario leve un acompañante de calquera idade

•O programa para lucenses maiores de 50 anos aumenta o número de prazas e trata de incrementar o retorno económico

A voceira socialista do Goberno da Deputación, Pilar García Porto, no anuncio da nova edición do programa Lugo Termal, o pasado 18 de marzo. GPDL

A Deputación de Lugo vén de dar luz verde a unha nova edición do Lugo Termal, unha iniciativa de turismo saudable destinada a lucenses maiores de 50 anos. Desta volta, a intención do organismo provincial é incrementar o retorno económico que supón este programa de bonos de desconto en balnearios lucenses. Con esta finalidade, os beneficiarios desta edición do Lugo Termal poderán levar un acompañante que non teña necesariamente esa mesma idade.

DE XUÑO A DECEMBRO
Segundo explicou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, o programa arrancará previsiblemente no mes de xuño, e se prolongará ata finais de ano, respectando as medidas hixiénico-sanitarias que establezan as autoridades.

1.600 PRAZAS
O programa Lugo Termal ofrece descontos para estancias e tratamentos mineromedicionais nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón. Ademais de facilitar o benestar social e a saúde para os lucenses maiores de 50 anos, esta iniciativa da Deputación busca «apoiar, promocionar e incentivar» o consumo e o retorno económico no turismo, a hostalería e o comercio local, «cando máis o necesitan» debido á crise derivada da pandemia.
A nova edición do Lugo Termal ofrece un mínimo de 1.600 prazas, o que supón un incremento de preto de 300 respecto ao ano pasado. Mil destas prazas serán en réxime de estancia, e 600 na modalidade sen estancia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Deporte, igualdade e inclusión daranse a man co impulso das rutas xacobeas na provincia de Lugo

Seguinte Nova

Bóveda aproba o Orzamento para 2021, que primará o gasto social e os investimentos reais

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: