Bóveda arranca o proceso para seleccionar emprendedores que queiran residir no municipio

Parroquia de Teilán, no municipio de Bóveda. GPCB

O Concello de Bóveda anunciou que xa está en marcha o proceso para presentar proxectos de emprendemento no programa “Hola, Pueblo”. A iniciativa, na que participan 70 municipios de 24 provincias pertencentes a 9 comunidades autónomas, busca animar a aquelas persoas que teñan unha idea de emprendemento e interese en instalarse no medio rural. As altas poden realizarse a través do formulario colgado na web www.holapueblo.com.
Unha vez recibidas as solicitudes, seleccionaranse a 35 persoas emprendedoras, ás que se lle dará acceso a un proceso de mentorías individualizadas, dirixidas a desenvolver a súa idea de negocio e acompañamento na busca de municipio, facilitándolles información relevante e poñéndoos en contacto directo cos concellos do programa que máis se adapten ás súas necesidades profesionais e persoais.
Dende o Concello, o alcalde, José Manuel Arias, destacou que os emprendedores “poden aproveitar esta oportunidade unida á próxima convocatoria de axudas Leader para o desenvolvemento rural do GDR Ribeira Sacra-Courel”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda aproba o Orzamento para 2021, que primará o gasto social e os investimentos reais

Seguinte Nova

O Incio segue adiante co proxecto de aldea-modelo de Trascastro e inicia coa Xunta o inventario dos soutos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss