Case 140.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco foron tratados en Galicia na terceira onda da covid-19

Recepción, na planta de Sogama, de camións con residuos sanitarios de baixo risco durante a terceira onda da pandemia. GPXG

O Complexo Medioambiental que Sogama ten na localidade coruñesa de Cerceda tratou 138.960 quilos de residuos sanitarios de baixo risco durante a terceira onda da pandemia. As cifras corresponden ao periodo entre o 11 de xaneiro e o 11 de marzo de 2021.

CONVERSIÓN DESTES RESTOS EN COMBUSTIBLE CDR NUNHA PLANTA ESPECÍFICA PARA EVITAR RISCOS
Os refugallos de baixo risco corresponden a luvas, buzos, e máscaras desbotables e asimilables, que son triturados nunha planta provisional e específica neste complexo, para a súa transformación en combustible CDR. Este material é valorizado enerxeticamente na planta termoeléctrica a máis de 850ºC, unha temperatura que permite eliminar, coas máximas garantías medioambientais, patóxenos e outros axentes nocivos. A planta conta con vestiarios e zonas de descanso para os traballadores, independentes do resto do complexo.
Dende que comezou a pandemia, Sogama eliminou 273.760 quilos de residuos sanitarios de baixo risco, procedentes dos centros adscritos ao Sergas. Esta medida evitou que os refugallos terminaran en vertedoiros. •

O procesado deste tipo de residuos transfórmaos nun combustible CDR. GPXG

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ilustracións de Estefanía Padullés no Espazo Xove de Chantada

Seguinte Nova

Adif investirá 546 millóns de euros en tres anos para modernizar a liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: