Convenio da área provincial de Medio Rural e Asoporcel para mellorar a trazabilidade dos produtos de porco celta

A deputada responsable da área de Medio Rural da Deputación, a nacionalista Mónica Freire, na reunión mantida co presidente de Asoporcel, José Barrera, o pasado 12 de marzo. GPVDL

O apoio ao sector agroalimentario lucense conta cunha nova aportación. A mediados de marzo, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo asinaba un convenio de colaboración coa Asociación de produtores de Porco Celta (Asoporcel), para garantir a trazabilidade e comercialización dos produtos de porco celta.
4.000 EUROS ACHEGADOS POLO ORGANISMO PROVINCIAL
O convenio, por importe de 4.000 euros, permitirá aos produtores a adquisición de crotais para identificar os leitóns desta raza autóctona, de xeito que facilita os controis para garantir a calidade dos produtos certificados como carne de porco celta.
A GANDEIRÍA EXTENSIVA AXUDA A CONSERVAR O MEDIO AMBIENTE E A PAISAXE
A responsable de Medio Rural, a nacionalista Mónica Freire, destacou “a importancia medioambiental e social da cría desta raza autóctona” na modalidade extensiva, “o que contribúe á conservación da paisaxe e á loita contra os incendios forestais”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O programa «IlustrarNÓS» da Vicepresidencia da Deputación achega as artes gráficas e a ilustración aos centros educativos de 15 concellos lucenses

Seguinte Nova

Deporte, igualdade e inclusión daranse a man co impulso das rutas xacobeas na provincia de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss