Deporte, igualdade e inclusión daranse a man co impulso das rutas xacobeas na provincia de Lugo

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na presentación do proxecto «O Camiño que nos une», organizado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo, co apoio de O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. GPXG

Este mes, deuse a coñecer o proxecto «O Camiño que nos une», organizado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo, que conta co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A iniciativa conta coa participación de oito destacados deportistas lucenses, que visitarán outros tantos centros educativos da provincia para promover os valores de igualdade e inclusión, ademais do impulso das rutas xacobeas en terras lucenses e o seu impacto positivo na contorna.

OITO MULLERES DEPORTISTAS NO PROXECTO
A listaxe de deportistas que participarán no programa «O Camiño que nos une» inclúe á atleta monfortina Saleta Fernández, xunto a xogadora profesional do Pescados Rubén Burela Futsal Lara Balseiro; a xogadora de volei Nuria Bouza; a atleta Alessandra Aguilar; a piragüista Tania Fernández; a judoka Sara Álvarez; a atleta Adiaratou Iglesias; e Hilda Rodríguez, a primeira deportista galega en acadar unha medalla en Xogos Paralímpicos.
Os encontros das deportistas co alumnado da zona sur terán lugar nos centros IES do Camiño de Palas de Rei, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte e o IES Lama das Quendas de Chantada.
Na presentación do programa, os responsables da Xunta lembraron que O Teu Xacobeo leva destinados case 8 millóns de euros para apoiar 400 proxectos nas dúas edicións. Na provincia de Lugo, mobilizáronse 400.000 euros en 24 propostas vinculadas a 21 municipios. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convenio da área provincial de Medio Rural e Asoporcel para mellorar a trazabilidade dos produtos de porco celta

Seguinte Nova

A nova edición do Lugo Termal permitirá que cada beneficiario leve un acompañante de calquera idade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss