Máis de 400 visitantes desfrutaron das rutas dos catamaráns da Deputación na ponte de San Xosé

O presidente da Deputación, José Tomé, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participaron xunto a outros representantes públicos na viaxe inaugural da campaña dos catamaráns pola Ribeira Sacra, o pasado 19 de marzo. GPDL

Na ponte de San Xosé, arrancou a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que a Deputación terá en marcha ata finais deste ano.

MÁIS DE 500 RESERVAS
Durante a viaxe inaugural, o pasado 19 de marzo, o presidente da Deputación, José Tomé, avanzou que xa había máis de 500 reservas, 260 delas correspondentes á propia Ponte de San Xosé. O mandatario local salientou que este ano romperon a tradición de abrir as rutas unha fin de semana antes de Semana Santa. «Decidimos arrancar antes, aproveitando esta ponte festiva», explicou o presidente provincial, «porque os catamaráns son unha oferta especialmente importante nesta situación de pandemia». Tomé considerou que esta actividade «axudará a recuperar aos sectores económicos máis afectados polas restriccións sanitarias, como son o turismo, a hostalería e o comercio local». A ponte de San Xosé sumou máis de 400 pasaxeiros nas rutas dos catamaráns.

CASE 21.000 VIAXEIROS EN PANDEMIA
O mandatario provincial, que estivo acompañado, entre outros, polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lembrou que en 2020 rexistráronse preto de 21.000 viaxeiros nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra. Esta cifra foi «moi importante» porque, segundo Tomé, «o servizo operou tres meses menos do habitual debido ao confinamento, e tendo en conta as restriccións de aforo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adxudicados os traballos de restauración da igrexa de San Vicente de Pombeiro en Pantón

Seguinte Nova

O Centro do Viño de Monforte acolle a exposición «O traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo»

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: