O Centro do Viño de Monforte acolle a exposición «O traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo»

Inauguración da mostra sobre o traxe festivo da muller aldeá da provincia de Lugo en Monforte, o pasado 22 de marzo. GPCM

Do 22 ao 27 de marzo, o Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos amosa a exposición titulada «O traxe festivo da muller aldeá, nas terras de Lugo», organizada polo Grupo El Progreso e elaborada polo obradoiro artesán lucense Traxandaina.
A mostra, de carácter itinerante, visitará diversas localidades da provincia de Lugo.

PEZAS ORIXINAIS E RÉPLICAS FEITAS RESPECTANDO A TRADICIÓN
Na exposición, poden verse pezas antigas e réplicas de traxes festivos de gala das mulleres lucenses de finais do século XIX. A recopilación é o resultado dunha selección feita ao longo dos anos polos investigadores do obradoiro Traxandaina, entre as abundantes vestimentas que hai documentadas ou que foron recollidas polas casas de aldea da provincia.

OS TRABALLOS DE TRAXANDAINA RECIBIRON O SELO DE PATRIMONIO EUROPEO
O obradoiro Traxandaina, responsable da elaboración desta mostra, está rexistrado coa marca Artesanía de Galicia. Con unha dilatada experiencia no traballo de investigación e recopilación sobre indumentaria tradicional, prioriza o rescate e conservación de formas, tecidos, patronaxe e costura de antano, que aplica ás súas réplicas. Os seus traballos foron recoñecidos en 2018 co Selo de Patrimonio Europeo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 400 visitantes desfrutaron das rutas dos catamaráns da Deputación na ponte de San Xosé

Seguinte Nova

Ilustracións de Estefanía Padullés no Espazo Xove de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: