A CAMPAÑA DO DÍA DA NAI EN ACES-SARRIA SORTEA «UN DÍA PARA TI!»

Ata o 2 de maio, os establecementos de comercio e hostalería asociados a ACES-Sarria teñen en marcha a campaña «Un día para ti!», no que as protagonistas serán as nais.
Os clientes dos establecementos asociados poden participar depositando os seus tickets de compra nas furnas situadas nos diversos locais, indicando os datos dunha «mamá», que pode ser a propia nai, a parella, ou unha amiga, ou incluso a mesma clienta. O mércores 5 de maio procederase ao sorteo dun día especial para a nai que resulte afortunada. O agasallo consistirá nun completo paquete de lecer, que incluirá, entre outras sorpresas, un tratamento de beleza, masaxe, perruquería, sesión de compras e picoteo en familia.• (Foto: Cartaz da campaña).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan en Monforte o programa de Bonos Activa Comercio da Xunta para dinamizar as vendas

Seguinte Nova

As Escolas Deportivas do Saviñao organizan o Campus de Fútbol

A %d blogueros les gusta esto: