![](https://i0.wp.com/www.encomun.es/wp-content/uploads/2021/05/pag-9-210416_Pte_PatrocinadoresXacobeo_DCS_12-1-scaled.jpg?resize=1020%2C523&ssl=1)
• R.- MONFORTE. A adega chantadina Vinigalicia sumouse ás entidades que patrocinan o Xacobeo 21-22. O CEO da compañía, Juan Luis Méndez Rojo, asistiu ao acto de recoñecemento das preto de 30 entidades patrocinadoras do maior evento turístico e cultural da Comunidade. A xuntanza, celebrada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o 16 de abril, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Nesta celebración, Juan Luis Méndez Rojo puxo de manifesto que «Vinigalicia tiña que formar parte deste proxecto», xa que «como empresa galega, debemos apoiar todo o que pase en Galicia, e o Xacobeo é a mellor forma de facelo».•