Comezan en Bóveda as obras da Deputación para mellorar a estrada de Teilán a Paradela

• Redacción- MONFORTE. A Deputación continúa coas melloras na rede de estradas provinciais, desta volta cunha importante actuación no sur de Lugo. O organismo provincial arrancou os traballos de acondicionamento da estrada LU-P-0907 que une a parroquia de Teilán, no municipio de Bóveda, co concello de Paradela. Neste proxecto, a Deputación está a investir máis de 93.170 euros, para mellorar un treito de tres quilómetros, cun prazo de execución de nove meses.
Dende o punto quilométrico cero ata o 3,2, vanse realizar diversas actuacións, como a reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e o repintado dos correspondentes sinais horizontais.
Os responsables provinciais lembraron que a mellora da mobilidade é unha das prioridades establecidas polo presidente da Deputación para este ano, polo que se incrementaron nun 14% as partidas para infraestruturas, ata os 16 millóns de euros. (Foto: GPDL). •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga celebrará o 30 de maio a Mostra do Aceite en Bendilló con medidas anticovid

Seguinte Nova

A empresa chantadina Vinigalicia, patrocinadora do Xacobeo 21-22

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss