Quiroga celebrará o 30 de maio a Mostra do Aceite en Bendilló con medidas anticovid

• Redacción- MONFORTE. A pandemia en Galicia amosa datos esperanzadores, polo que as autoridades sanitarias están a permitir a celebración de determinados eventos, aínda que baixo estrictas medidas de seguridade. Neste contexto, en Quiroga animáronse a poñer data á Mostra do Aceite de Bendilló, que terá lugar na contorna deste singular muíño tradicional o domingo 30 de maio.

PRIORIDADE DE ACCESO PARA AS PERSOAS E GRUPOS QUE PIDAN CITA PREVIA, E HORARIOS DE VISITA
A edición número vinteún deste evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, estará suxeita a determinadas restricións, e os visitantes deberán cumprir en todo momento as medidas establecidas polas autoridades sanitarias para esa mesma data. En canto ao acceso, dende o Concello de Quiroga explicaron que a entrada á Mostra do Aceite é libre, pero para visitar o muíño e comer terán prioridade as persoas e grupos que soliciten reserva previa no teléfono 982 43 51 25.
Así mesmo, establécese un horario de visitas, dende as 11:30 ás 14:00 horas. En cada franxa de 60 minutos, o número máximo de citas concertadas será de 200 persoas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia defende na Comisión de Saúde Pública a pauta completa coa vacina de AstraZeneca ás 12 semanas

Seguinte Nova

Comezan en Bóveda as obras da Deputación para mellorar a estrada de Teilán a Paradela

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: