Reforzo da seguridade para evitar a entrada de animais no corredor de Sarria

• A Xunta licitou por 187.600 euros a instalación de mallas en dous quilómetros á altura de O Corgo

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou o proxecto en O Corgo. GPXG

• Redacción- MONFORTE. A Xunta vai instalar un novo valado de malla para frear o avance da fauna no corredor Nadela-Sarria, e probar así a eficacia desta medida de seguridade vial. Así o explicou o delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, que se achegou a este vial para detallar as características do proxecto. Arias anunciou que o Executivo autonómico vén de licitar os traballos por 187.600 euros, para colocar esta barreira entre os puntos quilométricos 9 e 11.

CARACTERÍSTICAS
A valla terá 1,50 metros de altura sobre o chan para conter a animais domésticos e fauna salvaxe como os corzos, e irá reforzada na banda inferior cunha tensión do valado que supera os 1.000 quilos de arrastre, para frear a especies como os xabarís, os que máis accidentes provocan neste vial. Así mesmo, nos ramais de enlace irán instalados pasos canadienses, aberturas transversais cubertas de mallas que xeran recelo nos animais por percibir a profundidade. Os condutores serán avisados da localización destes pasos mediante redutores de velocidade.
Tamén se van colocar medidas de escape para dar saída aos animais que lograran entrar no corredor. Con este fin, instalaranse rampas feitas con acumulación de materiais, para que poidan traspasar a barreira polo límite superior. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematan as obras de mellora nos accesos á finca de Tor en Monforte, nas que a Deputación investiu 480.000 euros

Seguinte Nova

Galicia rexistra un total de 3.027 casos activos por coronavirus

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: