
Os alumnos do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turística do IES Río Cabe recibiron a visita de Nuncy Valcárcel, actriz galega que participou en diferentes películas e series como «Vilamor», «Luci», «Libro de familia», ou as exitosas «Mareas Vivas» ou «Matalobos». Valcárcel impartiu unha charla sobre a importancia de coñecer as técnicas para controlar a ansiedade e os nervios antes dunha actuación, ou antes de dirixise a un auditorio, como deberán facer os futuros guías turísticos nunha visita guiada. A actriz fixo fincapé na importancia de proxectar correctamente a voz, e no seu coidado como ferramenta de traballo.
O IES Río Cabe ofrece este ciclo superior, de carácter modular, en réxime de adultos. Dende a súa posta en marcha, conta cunha boa acollida pola súa empregabilidade. •