A principios dos 50, Renfe decidiu a incorporación de material de tracción diesel para ir aos poucos relegando a tracción vapor do servizo de viaxeiros. As primeiras 17 unidades recibíronse no porto de Bilbao procedente de EEUU. O fabricante era a americana ALCO, que entregou o material entre 1.955 e 1.956, constituíndo a serie 1600.
Con posterioridade, comezáronse a recibir as 1800, de ALCO. Foron 24 unidades, adicadas, polo xeral, a mover trens de pasaxeiros como o expreso Rías Altas, o traxecto Ávila – Salamanca do semidirecto Madrid Príncipe Pío – Salamanca, así como os servizos de mercadorías desde Salamanca a Astorga ou de Ourense a Medina del Campo por Zamora.
CARACTERÍSTICAS
Sendo moi similares ás das súas irmás maiores, as 1600, diferenciándose na lonxitude entre testeros, 16.886 mm, a altura, 4.019 mm, e a anchura, 2.840 mm. Unicamente a 1808 dispoñía de freo dual. A súa armazón era de metal e madeira, como tamén sucede coas 1600 e coas 2100.
En 1989, foron dadas de baixa as locomotoras 1803. 1805, 1817, 1818, 1819, 1822 e 1823, esta última porque cedeu o seu motor polo mal estado da súa estrutura, e a 1802, porque dispoñía dun mecanismo de tracción en malas condicións de funcionamento cunha boa carrocería.
Durante o ano 1992 foron apartadas en Monforte de Lemos as locomotoras 1801, 1802, 1804, 1815, 1820 e 1823, para pasar ao depósito de Ourense posteriormente, regresando despois novamente a Monforte, segundo consta na revista do ferrocarril “Via Libre”.
A 7735 foi unha das 80 locomotoras eléctricas da serie 7700, construídas en Inglaterra polas empresas English Electric e Vulcan Foundry entre 1952 e 1959, que alcanzaban o 110 Km/ h, e que gozaron do seu máximo esplendor co proceso de electrificación de liñas a finais dos sesenta e durante os anos 70, circulando, entre outras, pola liña León – Monforte – Ourense – Vigo, ata ser retiradas do servizo nos anos 90. Hoxe aínda pode verse unha 7700 restaurada no Museo do Ferrocarril de Monforte en moi bo estado. •