A Ribeira Sacra está a piques de ser declarada Reserva da Biosfera pola Unesco

O alcalde de Sober estivo presente no anuncio oficial, xunto á conselleira de Medio Ambiente e representantes doutros municipios

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, fai un selfie na súa visita á Ribeira Sacra, xunto ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; o rexedor de O Saviñao, Carlos Armesto; e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo. GPXG

Sober estivo representado no anuncio do inminente desenlace da candidatura da Ribeira Sacra a Reserva da Biosfera pola Unesco. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participou no acto organizado este mes pola Xunta no Saviñao, fronte ao Cabo do Mundo, e no que participaron tamén a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o alcalde do Saviñao, Carlos Armesto; e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.
O TERRITORIO FOI INCLUÍDO NA PROPOSTA INICIAL A PETICIÓN DA XUNTA
A conselleira anunciou que o acto de proclamación dos territorios como Reserva da Biosfera pola Unesco estaba previsto para o mes de xuño en Nixeria, pero que o comité español da Unesco vén de comunicar o seu aprazamento para o final de verán, debido á situación da pandemia a nivel mundial.
Vázquez salientou que, inicialmente, a Ribeira Sacra non estaba incluída nos territorios propostos para esta candidatura, polo que o Executivo galego solicitou unha rectificación por parte do Goberno central, como finalmente se fixo. Esta inclusión como Reserva da Biosfera suporá para Galicia, segundo precisou a conselleira, a recepción de fondos “axeitados e acordes” á dimensión das reservas da comunidade.
A conselleira puxo como obxectivo “conseguir a tripla coroa da Unesco”, logo do recoñecemento do Xeoparque Montañas do Courel e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

BNG cuestiona a instalación «indiscriminada » de parques por todo o territorio

Seguinte Nova

Sober suma unha nova veciña centenaria

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss