Aberto o prazo para descargar os bonos desconto da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ten xa aberto o prazo para que os galegos poidan descargar os bonos desconto para consumir no comercio a través da iniciativa Bonos Activa Comercio, que impulsa a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O obxectivo é reactivar o comercio local dinamizando as vendas nos establecementos de proximidade.
O programa conta cun orzamento de 10 millóns de euros, cos que se prevé mobilizar 55 millóns neste sector, e chegar a 330.000 clientes a través de bonos desconto de 30 euros. Os consumidores que o desexen deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal, e poderán descargar os bonos desconto de 30 euros a través dunha aplicación móbil. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra. Así, as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros lles corresponde un desconto de 10 euros.
A mediados de maio, hai máis de 2500 establecementos adheridos que contan cun distintivo que os identifica como participantes neste programa. O sector que suma un maior número de negocios é o de vestido e toucado; seguido do de calzado, artigos de pel e imitación ou produtos substitutivos, cintos, carteiras, bolsos, maletas; así como material e aparellos eléctricos, electrónicos ou electrodomésticos.
Os Bonos Activa Comercio forman parte do paquete de medidas que a Xunta está a poñer en marcha para reactivar o comercio de proximidade, e que contará con polo menos 20 millóns de euros en axudas para reforzar a competitividade do sector a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para adherirse aos Bonos Impulso da Deputación

Seguinte Nova

Reactívase o programa Elixe Galicia da Xunta para dinamizar o sector turístico

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio