Achegan as rutas xacobeas aos cativos co novo cómic “Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel»

A directora de Turismo, Nava Castro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor, Fausto Isorna. GPXG

Na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela, tivo lugar estes días a presentación do cómic «Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel», de Fausto Isorna, coa participación de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. O autor, Fausto Isorna, é un dos autores máis destacados no mundo da banda deseñada galega, e a súa serie de aventuras de Simón Martel é a máis lonxeva das súas características en Galicia.
Nesta ocasión, a publicación de Isorna xira arredor do Camiño de Santiago, o que a converte nun interesante material didáctico para achegar as Rutas Xacobeas aos máis pequenos. A obra, editada por El Patito Editorial, da que o propio Isorna é director artístico e alma mater xunto coa súa muller, a guionista e divulgadora Gemma Sesar, reflexa a vocación do autor polo coidado e calidade dos debuxos, e o seu interese polas historias de aventuras, nas que pode adiviñarse a influencia de Hergé e o seu personaxe cume, Tintín, nun traballo que vén dar continuidade ás andanzas de Simón Martel, creadas hai máis de 20 anos das mans de Isorna, Méndez e Malvar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Hostaleiros do sur lucense reciben 211.000 euros para acondicionar terrazas e facilitar a venda a domicilio

Seguinte Nova

Habilitan unha nova sala de espera para vítimas no edificio xudicial de Monforte, con melloras tamén sede da Fiscalía

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss