Adxudicada a explotación do Centro do Viño e outros servizos turísticos de Monforte

O Centro do viño, un dos servizos turísticos, cuxa xestión foi adxudicada polo Concello de Monforte este mes. Arquivo EC

A unión temporal de empresas presentada como “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L,” resultou adxudicataria na licitación para a explotación dos servizos que se prestan no Espazo expositivo do Centro do Viño da Ribeira Sacra, na Oficina de Turismo, na futura Oficina de Atención ó Peregrino e das visitas á Torre da Homenaxe. A explotación destas instalacións, dependentes do Concello de Monforte de Lemos, adxudicouse este mes por un prezo total de 203.885 euros, con impostos incluídos.

ABERTOS TODO O ANO
Segundo informaron dende o Consistorio monfortino, a empresa adxudicataria contará con persoal especializado e con formación contrastada. Así mesmo, no contrato especifícase que tanto a Oficina de Turismo, como o Espazo expositivo do Centro do Viño, a súa tenda e a Oficina do Peregrino, estarán abertos todos os días da semana ó longo de todo o ano.
O alcalde, José Tomé, sinalou que “con esta única xestión integral haberá un antes e un despois na xestión dos nosos servizos turísticos municipais, que redundará moi positivamente na imaxe e na información que trasladaremos de Monforte e da Ribeira Sacra ós nosos visitantes e peregrinos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Impresionantes imaxes dos ceos galegos na Biblioteca Municipal do Saviñao

Seguinte Nova

En marcha a campaña de limpeza de fincas e solares do Concello de Chantada

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss