Arranca o programa Actívate da Deputación, cun curso de iniciación aos cogomelos e á prática do barranquismo, entre outras actividades

As primeiras actividades realizáronse nos concellos do Incio e Folgoso do Courel, coas prazas esgotadas nunha única xornada. Xa están abertas as inscricións para as sesións de «Sendeirismo na Fervenza de Augacaída» e «Entre viñedos ao carón do Canón do Sil». GPDL

A Deputación de Lugo puxo en marcha estes días o programa Actívate, unha iniciativa que busca promover o turismo activo, científico e de mindfulness nos concellos da provincia.
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, celebrou «o éxito» dunha convocatoria que “nas dúas primeiras fins de semana esgotou prazas en moi pouco tempo, o que fai pensar que o turismo de calidade, non masificado, sostible e de proximidade, polo que apostamos dende a institución provincial, interesa aos veciños e veciñas da provincia de Lugo”.
“Con esta iniciativa, dende a Deputación queremos axudar á recuperación da economía, e tamén promover un lecer seguro en tempos de restricións de mobilidade”, destacou a deputada socialista.
PRAZO ABERTO
As persoas interesadas en participar no programa Actívate da Deputación aínda poden inscribirse, a través da web do organismo provincial, nas diversas actividades previstas para a segunda quincena de maio. O día 15, terá lugar unha ruta de sendeirismo na Fervenza de Augacaída, en Pantón e o 16 haberá unha camiñata entre viñedos ao carón do Canón do Sil, en Sober.
Xa o día 22, terá lugar a actividade «O Courel, onde as forzas xeolóxicas dobraron as montañas», no municipio de Quiroga, mentres que o día 23 desenvolverase un curso de iniciación ao ioga en Mondoñedo. Pola súa banda, o 29 de maio en Cervantes terán lugar os baños de bosque nos Ancares, e o 30 está prevista a actividade «En bici pola Vía Verde e montes na vila dos Fornos», na Pontenova. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reactívase o programa Elixe Galicia da Xunta para dinamizar o sector turístico

Seguinte Nova

Hostaleiros do sur lucense reciben 211.000 euros para acondicionar terrazas e facilitar a venda a domicilio

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss