Avanzan a bo ritmo as obras de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria

• A incorporación da maquinaria pesada fai posible o alto ritmo dos traballos, segundo destacaron dende a Xunta
• O proxecto inclúe a construción dunha nova calzada paralela pola marxe esquerda en sentido A Pobra de San Xiao
• A Xunta inviste preto de 25 millóns de euros neste proxecto

A Xunta está a intensificar o ritmo da execución das obras da primeira fase de conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria, no treito que vai de A Pobra de San Xiao a Sarria centro. As obras que impulsa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, arrincaron en novembro do ano 2020, e teñen un prazo previsto de execución de 24 meses. O Executivo galego está a investir case 25 millóns de euros neste proxecto.
A de Sarria será a primeira autovía autonómica da provincia, libre de peaxe, e está a comezar polo tramo de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro.
Os traballos están a intensificarse co acceso da maquinaria pesada e dos medios de transporte para executar obras, que inclúen voaduras controladas.
Dende hai meses, realízanse periódicos cortes de tráfico puntuais, os martes e os xoves a mediodía, entre as 13 e as 15 horas.
Para converter este tramo do corredor en autovía, construirase unha nova calzada paralela á existente, pola marxe esquerda en sentido A Pobra de San Xiao. As obras inclúen tamén a adaptación dos enlaces e dos pasos inferiores existentes, así como a reposición dos camiños de servizo afectados.
O novo vial disporá, ademais, de elementos de seguridade específicos, como unha valla reforzada en ambos lados para reducir a sinistralidade causada pola presenza do xabaril. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O posto de peixería achegará un novo concepto gastronómico á Praza de Abastos de Monforte

Seguinte Nova

BNG cuestiona a instalación «indiscriminada » de parques por todo o territorio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: