BNG cuestiona a instalación «indiscriminada » de parques por todo o territorio

A parlamentaria nacionalista Carme Aira coñeceu, da man do BNG de Taboada, os terreos onde se proxecta o Parque Eólico de Maxal. Á esquerda, Mapa dos Parques Eólicos de Galicia. GP-BNG.

O BNG de Taboada convidou á deputada nacionalista Carme Aira a coñecer a zona onde se proxecta a construción dun novo parque eólico, nas proximidades do núcleo de Maxal. O proxecto afectará aos municipios de Taboada, Antas de Ulla e Rodeiro, no que semella, ao seu xuicio, «unha ampliación encuberta do xa existente parque de Monte Cabeza”, e unha «continuación» dos asentados na Serra do Faro. A parlamentaria galega comprobou in situ o impacto dos nove muíños previstos, que terán o dobre de tamaño que os actualmente existentes. Segundo Aira, isto confirma que «non se pode demorar máis a actualización das normas a cumprir polas instalacións de parques eólicos», e que «é imprescindible deixar en suspenso as novas autorizacións ata que se acometa a modificación normativa». O BNG defende que as instalacións non deben interferir co desenvolvemento humano, ambiental e produtivo dos territorios. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Avanzan a bo ritmo as obras de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra está a piques de ser declarada Reserva da Biosfera pola Unesco

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: