Conflicto no Conservatorio Monfortino: Comunicado do profesorado, grupos políticos da oposición e sindicatos

«Ao abeiro do enfrontamento aberto polo alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, cos mestres do Conservatorio municipal, todos os voceiros dos grupos políticos da oposición, é dicir, Esperta Monforte, BNG e PP, e os representantes dos sindicatos -UXT (Andrés Campanario), CCOO (Carlos Hermida), e CIG (Javier Rodríguez Casares), mantivemos o venres 7 de maio unha xuntanza cos sete docentes deste centro para analizar a problemática xerada polo Concello respecto do funcionamento desta escola musical e dos expedientes abertos pola entidade local ao profesorado.
Neste senso, os participantes na xuntanza acordamos: primeiro, presentar un escrito conxunto no Concello para que Tomé Roca suspenda os expedientes sancionadores; segundo, que o rexedor abra una mesa de diálogo na que estean presentes todos os representantes dos sindicatos, partidos políticos, profesorado e Concello para elaborar un regulamento común; e, terceiro, apoiar rotundamente o regulamento presentado polos docentes.
Queremos trasladar así o apoio rotundo a estes profesionais que contan cun excelente prestixio e un extraordinario currículo, e censurar a actitude prepotente do alcalde de Monforte que, lonxe de apostar polo diálogo e o consenso, está a actuar de xeito unilateral pensando só nos seus intereses e non nos destes profesionais e da comunidade educativa da que forman parte.» •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Licitada a asistencia técnica para a mellora do saneamento de Monforte

Seguinte Nova

En marcha a renovación do servizo de recollida e custodia de animais abandonados de Monforte

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: