Consolídase o polígono industrial do Reboredo de Monforte, logo da venda de 12 parcelas nos tres últimos anos

José Tomé, alcalde de Monforte, e Beatriz Sestayo, directora do SEA, trala reunión mantida no Concello. GPCM

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo Doce, reuníronse na Casa Consistorial monfortina para analizar a evolución do polígono industrial de O Reboredo, un dos 13 que xestiona en Galicia esta empresa pública, dependente do Ministerio de Transportes.
Tomé e Sestayo expresaron a súa satisfacción pola feito de que só queden 8 parcelas dispoñibles, trala venda de ata 12 terreos nos últimos tres anos. O exercicio 2021, sinalaron, demostrou a consolidación do área industrial de Reboredo, na que se pecharon tres operacións de preto de 30.000 metros cadrados de superficie por importe de 349.000 euros. En concreto, dunha parcela de 14.039 metros cadrados, outras dúas de 7.004 e outra de 7.908 metros cadrados.

CONSOLIDACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL
Beatriz Sestayo incidiu en que os datos reflexan que “Monforte ten presente e moito futuro”, cun polígono exemplo de “motor de dinamización económica e da esencial creación de emprego”.

POSIBLE AMPLIACIÓN DO POLÍGONO
José Tomé Roca subliñou “que dende o Concello ímoslle prantexar a SEA a necesidade da ampliación do Polígono do Reboredo para cubrir a demanda actual, e ó mesmo tempo, proxectalo cara o futuro.”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A XUNTA CONVOCA AS AXUDAS DO PLAN LEADER CUN ORZAMENTO DE 13 MILLÓNS DE EUROS PARA 2021 E 2022

Seguinte Nova

A ESTACIÓN DE MONFORTE EN 1964: O PODER DAS GRANDES LOCOMOTORAS 1817 Y 7735

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: